Documentos en A GUARDA AXENDA CULTURAL

Ocio

Geomundos

A GUARDA AXENDA CULTURAL

CONCELLO DA FOZ DO MIÑO en A GUARDA AXENDA CULTURAL

CONCELLO DA FOZ DO MIÑO

ESTE TEXTO E SACADO DE HTTP://WWW.GALICIA-SUROESTE.COM AGRADECEMOS OS TEUS COMENTARIOS CONCELLO DA FOZ DO MIÑO



Calcúlase que O CONCELLO DA FOZ DO MIÑO existe dende 1312, data na que A Guarda se incorpora a Corona o extinguirse a Orden de Os Templarios.

En 1840 D. Pedro Antonio Otero Romay Coronel Comandante Xeneral da Provincia de TUI, comunica ao Alcalde de A Guarda [Concello da Foz do Miño] un escrito recibido do Sr. Secretario do Estado [...] relativo a las precauciones a adoptar, para evitar alteraciones de orden, que pudiera suscitar LA APLICACIÓN DE LA REFORMA DE AYUNTAMIENTOS adoptada por los dos Cuerpos Legislativos...



Faltan as Actas de Sesións da Corporación Municipal do Concello de La Foz del Miño dende 1.806 a 1.843.

No ano 1844 o Alcalde e Corporación Municipal acordan dividi-lo Concello en CATRO DISTRITOS:



Primeiro Distrito.- Parroquia de Santa María de A Guarda e de San Lorenzo de Salcidos a cargo do propio Alcalde.

Segundo Distrito.- Parroquia de Camposancos a cargo do 2º Tte. Alcalde.



Terceiro Distrito.- Parroquia de Santa Mariña de O Rosal a cargo do 3º Tte. Alcalde.



Cuarto Distrito.- Parroquias de San Juan de Tabagón, de San Miguel de Tabagón e San Bartolomé das Eiras.



Neste mesmo ano en Sesión Plenaria do 26 de abril de 1844 o Alcalde da conta a Corporación dun expediente promovido por veciños da parroquia de Santa María de A Guarda para que esta parroquia se segregue do resto dos distrito [neste caso da parroquia de San Lorenzo de Salcidos], e formar eles solos o Municipio de “La Guardia”.



A Corporación acorda delegar nos Ttes. Alcalde para que escoiten o parecer das Xuntas Parroquiais [as Sesións da Corporación eran celebradas os domingos pola maña].



Meses mais tarde deste ano 1844 a Corporación pronúnciase en contra da opinión do vecindario de A Guarda [mellor dito dos veciños que promoveran a segregación]...[....] la unión municipal debe continuar como hasta aquí....



[....] según los ACUERDOS Municipales, La Guardia, Salcidos, Camposancos y San Miguel de Tabagón, constituyen el Ayuntamiento de La Guardia y las parroquias de El Rosal, San Juan de Tabagón y San Bartolomé de las Eiras que compongan otro según sus propios acuerdos....



No ano 1.847 as parroquias de O ROSAL [Santa Marina, San Miguel, San Juan e San Bartolomé] se desmembran do antigo CONCELLO DE LA FOZ DEL MIÑO e forman Concello propio co nome de MUNICIPIO DE EL ROSAL, en base a Real Orden do 26 de agosto de 1.847, sendo reina Isabel IIª, pero non é ata o 21 de outubro de 1874 cando o Concello de O ROSAL se emancipa de A GUARDA.



Antes en 1.854 os rosaleiros solicitaron da reina Isabel IIª o título de VILLA que lles foi concedido polo fillo o Rei Alfonso XII un 16 de decembro de 1875 [segundo cita o correspondente no Rosal de Nuevo Heraldo Guardés D. Juan Fernández Calderón].



Nestas datas era abade-párroco de Camposancos D. Antonio Domingo González. Non se pode precisar con exactitude a data de incorporación de Camposancos ao Término Municipal do Concello de La Foz del Miño, despois de haber pertencido durante trescentos anos a xurisdicción do Mosteiro de Barrantes, parece ser que foi entre 1.837 ou 1.838, pois segundo D. Antonio García Lago da escasa documentación aparecida –antes desas datas – non aparece referencia algunha a Camposancos.

[...] las primeras muestras documentales de la incorporación son del año 1839, y parece haberse producido a consecuencia de las Leyes de Ayuntamientos del 15 de octubre y del 8 de diciembre del año 1.836, que ponían en vigor, respectivamente, las del 3 de febrero de 1823 y los Decretos de las Cortes de Cádiz de 1812 y 1813 sobre Ayuntamientos....



Tamén nesta época destaca a figura de D. Juan Antonio Español López quen en unión de D. Francisco Alonso e D. Miguel Lorenzo axudan economicamente aos camposinos para poder rematar as obras de construcción do templo parroquial de Camposancos.



A poxa destas obras tivo lugar no ano 1853, formando unha Xunta de Obras que presidía o propio Alcalde D. Vicente Troncoso.



D. Juan Español López sendo natural de Salcidos foi soterrado na parroquia de Camposancos en outubro de 1854 [segundo D. Antonio García Lago [....] en la parte trasera del atrio parroquial...



As propiedades de D. Juan Español López no Pasaxe [segundo recolle o notario de Madrid D. José María GRIBE] sumaban unha superficie de 16.470 varas [unha vara mide 0,8359 metros x 16.470 = 13.767 metros cadrados], tendo que pagar ao Estado Español en 1876 en concepto de dereitos reais 375,50 reais [un real equivalía a cen céntimos].



O PINAR DO REI na zoa de O CALDEIRO preto de O Pasaxe era destinada como DEVESA REAL ou DEVESA DA NACIÓN para aproveitamentos destinados ao Exército e a Mariña.



D. Generoso Álvarez Seoane [nado en 1923 na Guarda] publicou no Boletín del Instituto de Estudios Vigueses [nº 8-2002-ano VIII].



[....] SECCESIÓN DE O ROSAL.- Este fue el golpe mayor que recibió A Guarda, tal vez en toda su historia. Perdió los dos tercios de su extensión, convirtiéndose la villa guardesa en un minúsculo territorio, tal vez el más pequeño de la actual provincia de Pontevedra, si exceptuamos a Mondariz-Balneario.

No comprendemos cómo pudo producirse esto, al no haber a nuestro juicio una justificación real, habiendo convivido juntos durante muchos siglos. A nuestro entender esta escisión fue tan mala para A Guarda como para el Rosal. La mayor parte de la agricultura y del monte, quedó incorporada al nuevo ayuntamiento.

A Guarda tiene ahora 20,5 km cuadrados de extensión y O Rosal 41,2, por tanto, éste último Ayuntamiento es hoy el 66,7 de la suma de los dos. Esto contrasta con la extensión actual del Ayuntamiento de Tomiño que es de 103,4 Km cuadrados, o sea, algo más de cinco veces mayor que A Guarda.

El 6 de junio de 1844 el Ayuntamiento de A Guarda, expresa su deseo “en contra de los acuerdos vecinales” de que “la unión municipal continúe como hasta aquí”. Según los acuerdos vecinales mencionados, dicho Ayuntamiento quedaría constituído por las parroquias de A Guarda, Salcidos, Camposancos y San Miguel de Tabagón y las Eiras.

Con posterioridad, en 1847, se formalizaría la escisión, por Real orden de 26 de agosto, en el reinado de Isabel II, quedando unidas a O Rosal las parroquias de Tabagón (San Miguel y San Juan) y las Eiras. A Guarda comprendía la parroquia del mismo nombre, la de Salcidos y la de Camposancos.



En 1879, Alfonso XII concedió a O Rosal el título de Villa.

Unos cuantos años después de la escisión del municipio de A Guarda, concretamente en 1.870, la población del mismo era de 2.375 habitantes en la villa y 6.020 en todo el término municipal.





Segundo a “Crónica de la Provincia de Pontevedra” de Fernando Fulgosio publicada en Madrid en 1865 [...] el famoso Almirante Payo Gómez Charino había sido encargado de organizar en galicia una escuadra para la toma de Sevilla reclutando para ello barcos en la costa Norte de Portugal y de Galicia. EL CONCEJO DE A GUARDA, FOZ DEL MIÑO, formaba con el de Baiona de Miñor un conjunto y colectivo para dar galeras a la Armada Real para la lucha contra los mulsumanes...



Os límites do Concello de O Rosal foron recoñocidos polas jurisdiccións de A Guarda, Tomiño e Oia en 1.889: Morraceira, río Pinzás o Tollo, Pontillón, regato arriba, Seixo Blanco, río Acevedo, Castelo, Laxes Fiel de Capelos, poza Boubeira, Penal Vello, campo do Couto, río Cobo, Laguellas e San Sebastián de Bazar...[Cita de D. Aquilino G. Santiso].



A Guarda, 6 de setembro de 2.003

José A. Uris Guisantes.

,

.

“Reunificación municipal de A Guarda e O Rosal”.



Un documento sobre a delimitación das lindes do concello de Oia có concello da Foz do Miño de 1.639, vai relatando paso a paso o trazado desa linde, tal que hoxe coincide có lindeiro intermunicipal que hai entre Oia e O Rosal. Dende logo esta é unha das xoias esquecidas do arquivo municipal da Guarda, unha mostra do esquecimento que os miñotos (rosaleiros e guardeses) teñen da súa historia íntima e conxunta de moitos séculos. Nos arquivos municipis do Rosal e da Guarda ningún documento oficial explica cales foron as verdadeiras motivacións, razóns, causas... que conduciron á quebra dunha historia milenaria.



A SEGREGACIÓN

En 1.847 realizase a partición do vello e milenario “Concello da Foz do Miño”, dando lugar ós actuáis concellos de A Guarda e O Rosal, foi unha decisión en certo xeito allea a nós, as xentes miñotas. O 15 de abril de 1.844 toma posesión a derradeira corporación municipal conxunta que tivemos, sendo Alcalde o Sr. Benito Fernández Lasiote; uns poucos anos antes comenzou dende un sector de veciños do Rosal a realizar-la petición de segregación; esta nova corporación na sesión do 26 de abril de ese ano non se amosa favorable a ese camiño pero acordan acceder á petición dos segregacionistas e convoca-las xuntas parroquiáis para que votasen os veciños. O 10 de Maio recollese nunha acta municipal que a favor da segregación están as parroquias do Rosal, San Xoán de Tabagón e Eiras, mentras que se opoñen A Guarda, San Miguel de Tabagón, Salcidos e Camposancos; estas últimas parroquias representan á maioría dos veciños, pero os promotores da segregación pulan por rachar a calquera prezo. Finalmente a corporación municipal para acadar unha paz social acorda o 6 de Xuño leva-la petición destes veciños e o resultado das votacións á unha autoridade superior para que resolva o asunto; nestas instancias superiores é onde se xesta a funesta decisión final.


Aquela orde gobernativa sorprendeu a tódolos miñotos e a división tívose que impoñer cáseque pola forza; pois durante varios anos os veciños de San Miguel de Tabagón néganse a formar parte do novo Concello de O Rosal e seguen ligados á anterior realidade, pero finalmente son obrigados a incorporarse contra a súa vontade ó Rosal. En pouco máis de 8 anos impúxose a ruptura dunha historia conxunta de máis de 1.200 anos. Neses anos de comenzos de 1.840 o tema principal da nosa vida municipal era acadar unha ponte que cruzase o Tamuxe, mentras que o tema da segregación era un tema de ínfima importancia administrativa para aqueles políticos locais do momento.


Nas actas municipáis deses anos non aparecen recollidas as motivacións que alegan os veciños promotores da segregación; non imos a entrar da calidade ética das mesmas; simplemente imos apuntar que cando se toma a decisión de convoca-las xuntas parroquiáis para a votación dos veciños por petición dos promotores segregacionistas, moitos veciños do Rosal e Salcidos están nas telleiras en Castela; ¿por qué tanta presa en promove-lo tema e en convoca-las eleccións? Temos a dúbida razonable de que a proposta non era maioriataria na sociedade, pero a única oportunidade que tiña de prosperar era aproveitando a ausencia de moitos veciños; do contrario de ser un sentimento con forte raigame no vecindario o momento oportuno sería ó final da tempada da telleira.


Xa pasaron pouco máis de século e medio daquela situación, o lamentable daquela imposición é que a maioría das xentes miñotas teñen tan asumida a división como algo normal e que ven de moi atrás, coma unha realidade definitiva,... ¡Pois diso nada!¡Trapalladas ! Somos uns poucos miñotos que ainda resistimos a acepta-la división que nos impuxeron dende fóra e desexamos que a xente comence a plantexarse a idea de reunifica-los dous concellos para voltar a se-lo que sempre fomos: Concello da Foz do Miño.


A REALIDADE XEOGRÁFICA

Resulta que os dous concellos en conxunto forman unha unidade xeográfica moi ben definida: son a parte baixa do val do río Tamuxe e ribeiráns do último tramo do esterio do rio Miño, enmarcados polos montes máis baixos da serra da Grova: Sta Trega, Terroso, Camisalva,... Esta unidade xeográfica tan marcada orixinou que na fala galega sexa un núcleo ben definido dentro do galego occidental: aquí non temos seseo (o acento e son característico das rías) e somos exclusivamente teistas; ademáis as nosas xentes foron as creadoras dunha xerga que hoxe vai esmorecendo (o verbo dos cabaqueiros), sabemos que rematará por morrer, pero deixará de impronta na nosa fala unha serie de verbas que sempre serán moi nosas. A pesares da ruptura imposta, a realidade social seguíu funcionando coma un todo, a costa e o val sempre foron un todo interdependentes, coas súas relacións económicas, sociáis, festivas, comerciáis, familiares,... de tal xeito que hoxe, 150 anos despoís, esa trama social é moito máis forte e profunda que supera e desborda por tódolos lados ás realidades burocráticas; ¿cántas familias da Guarda teñen parentes no Rosal, ou viceversa?


AFORRO ECONÓMICO E MAIORES INGRESOS PROCEDENTES DA ADMNISTRACIÓN

Dende aquel ano desgraciado da ruptura foi a caste política local, dos dous lados, pasando por tódolas formas de goberno, as encargadas de ir apagando o lume que clamaba pola reunificación, fixerón un bó traballo pois a maioría das xentes miñotas xa teñen asumida a ruptura coma unha realidade difinitiva e sen volta atrás. Pero é lóxico que a caste política local defenda a división actual; nas pasadas eleccións municipaís (no presente ano 2.003) entre os dous concellos tivemos que elixir a 30 concelleiros e de entre eles a dous alcaldes, coa reunificación soamente necesitamos 17 concelleiros, pola tanto sobran 13 concelleiros, sobra un alcalde, un tenente de alcalde,... ¡son 13 carguiños que os nosos políticos perden! Así entre os salarios do alcalde e tenente alcalde sobrantes, os seus gastos por dietas, desprazamentos e tódolos honorarios para os outros 11 concelleiros estaríamos falando de aforrar na facenda municipal ó ano sobre uns 80.000 €. Hai unha ecuación que é moi simple: a menos diñeiro para os políticos e os seus gastos, máis diñeiro para nós os cidadáns.


Pero o aforro non se quedaría aí pois existirían unha serie de duplicidades administrativas que sería necesario quitar: sobra unha secretaría municipal (un funcionario moi ben pagado +30.000 € ó ano); para qué ter dous xuíces de paz se chega un; para que tanta casa de oficio que imparten os mesmos cursos de inserción laboral, bastante alleos á nosa realidade económica local, unha chega, que teña máis horario e unha oferta de cursos máis ampla. Sen entrar moi profundamente neste apartado como mínimo podemos aforrarlle á nosa facenda municipal 70.000 € ó ano; que sumándollo ó concepto anterior xa totalizamos 150.000 € cada ano (25.000.000 ptas).


Xa podemos ver quen son realmente os favorecidos coa división municipal, e todo iso a conta dos nosos diñeiros públicos. De voltarse á situación orixinal, o Concello da Foz do Miño, teríamos unha poboación de +16.000 habitantes, representaríamos 1/3 da comarca do Baixo Miño, seríamos un dos cincoenta concellos con máis poboación da Galiza; somos conscientes que o nivel demográfico para certos políticos con bastón de mando na Xunta ou na Deputación Provincial non é moi importante na súa administración diaria, soamente en época electoral e para amarrarse os votos, pero para acadar este obxectivo soamente hai unha fórmula: a máis poboación, máis grande e importante ten que se-la inversión a realizar. De estar xuntos podemos e debemos levarnos mellores talladas que as migallas que nos fan chegar agora.

Tódolos concellos reciben cada ano unha asignación presupostaria que ven dos Orzamentos Xerais da Administración Central, esta asignación está directamente relacionada coa pobación de dereito residente en cada concello, seguindo a pauta de canta máis poboación máis asignación dos Orzamentos do Estado. Así se o concello da Guarda recibe unha cantidade A pola súa poboación e o Rosal pola súa unha cantidade B, de voltar a ser un só concello a asignación vai ser unha cantidade C, pero esta cantidade C é sensiblemente maior que A+B. O anterior quere dicir que por estar separados por intereses duns poucos, as nosas facendas municipaís deixan de ingresar unha importante cantidade monetaria. Cada ano que pasamos separados estamos a perder moito diñeiro que debería ser invertido para nós e aquí. Posiblemente estemos perdendo por este concepto cada ano ó redor de 200.000 € .


ABRIR UN DEBATE ENTRE O ROSAL E A GUARDA

Somos moi conscientes que ó trata-lo tema da reunificación dos dous concellos, dende a perspectiva dos veciños do Rosal sempre ollan este tema dende dous puntos de vista conxugados para pecha-lo debate: o expansionismo guardés (máis hipotético que real) e o de valeirar de contido administrativo ó Rosal. Lamentablemente os herdeiros ideolóxicos de aqueles que consumaron a ruptura son hoxe quen espallan estas dúas pantasmas para evitar un debate a fondo de ideas sobre esta cuestión tan principal, pero os cidadáns que estamos a favor da reunificación queremos abri-lo debate en tódolos frentes e sen medo.


Hoxe en día a vila da Guarda ten un unha relevancia demográfica moi importante respecto ó resto do concello, máis do 70 da poboación vive na vila; ademáis a disponibilidade de espacio físico para crecer é bastante limitada, para agravar este problema hai que engadir unha desastrosa política de desplanificación urbán. Hoxe a vila da Guarda está saturada de construccións, unha rede de tránsito caótica, a normativa de circulación non se aplica na vila,... Moitos pensamos que de levarse a termo a reunificación o mellor sería optar por un modelo bipolar, isto é ter un centro urbán de alta densidade poboacional fortemente especializados nos servizos, actividades comerciáis, de lecer,... e logo outro menos poboado pero con disponibilidade física para crecer e adicado ás actividades administrativas. Coa reunificación o valor demográfico relativo da vila da Guarda descenderia ate o 45 do total da poboación, polo tanto estaríamos nunha posición de certo equilibrio entre o núcleo urbán máis habitado e o resto; ademáis o modelo bipolar vai favorece-lo crecimento urbán da nova cabeceira municipal e por engadido dos outros núcleos intermedios entre estes polos.


Falando máis crariño, pensamos que o lugar máis axeitado para ser cabeceira do novo Concello sería o Calvario, xa que ofrece unha posición bastante céntrica respecto a todo o termo municipal, hai disponibilidade de terreos ó seu arredor para poder construi-las novas infraestructuras de carácter administrativo, equipamentos de servizos. Todo isto non quere dicir que a casa municipal da Praza do Reló vaia a pechar, seguirá prestando os seus servizos ós cidadáns pero terá unha posición secundaria respecto ó Calvario; por sorte hoxe existen unha serie de medios técnicos que non existían fai 150 anos: fax, teléfono, Intranet, ordenadores, videoconferencia,.. isto fai posible que as tarefas administrativas feitas nun lugar, ó mesmo tempo poden ser consultadas noutro lugar distante e distinto, polo tanto o cidadán non ten que andar a desplazarse.



Coa reunificación municipal dos dous concellos, o novo concello resultante tería unha poboación de dereito de algo máis de 16.000 habitantes, durante a tempada alta do estío chega case que a duplicala; polo tanto non seríamos para nada un concello míudo, estaríamos entre os 50º primeiros da Galiza. Non necesitaríamos ter dous xulgados de paz, que básicamente levan as anotacións rexistráis de nacimentos, bodas, pasamentos,... realmente temos necesidade de contar con un xulgado de instrucción e 1º instancia, en resumen ter un xulgado aquí para que administre a xustiza. Está moi ben ter dous centros de saúde, pero dende logo estará moito mellor se podemos ter aquí ou na comarca un hospital para atender unhas necesidades básicas. Por sorte no Calvario contamos con esa disponibilidade de espacio para poder criar certas dotacións de servizos; agora ben se seguimos pensando en termos de minifundismo municipal, os logros que imos acadar son moi míudos, ata o de agora soamente nos deron os restos dun xantar.


Unha vez aclaradas as nosas ideas sobre a cabeceira municipal imos entrar nesa pantasma do expansionismo guardés que algúns queren vender por aí. Dende sempre as xentes miñotas (rosaleiras e guardesas) tivemos relacións comúns a moitos niveís: persoáis, familiares, comerciáis, laboráis, económicos, educativos, empresariáis,... de tal xeito que hoxe hai máis lazos familiares cruzados que superan as barreiras municipáis que fai 150 anos, e este proceso vai seguir crecendo cada ano máis. Nós non consideramos isto coma expansionismo guardés sobre o Rosal, ou intrusismo rosaleiro na vila da Guarda, para nós non é máis que a maioría da sociedade xa está por riba dos límites municipáis que nos impuxerón, pero non son plenamente conscientes de que xa superaron unha barrerira mental que algúns aínda tratan de manter en pé.


Pero ollando e estudiando a nosa realidade diaria dende diferentes perspectivas si que atopamos un certo expansionismo das influencias comerciáis, educativas, económicas e administrativas, este expansionismo é o que está exercendo nestes últimos anos o Calvario sobre aqueles núcleos de poboación da parte alta do val do Tamuxe: Loureza, Sta. Comba. Burgueira,... ¿Qué pasaría se o Calvario fose a cabeceira dun concello de 16.000 habitantes e con dotacións administrativas maiores das que hoxe ten? moi posiblemente estas influencias sobre estes núcleos vaian en aumento, formando un entramado de relacións que có paso do tempo estas xentes sintan máis próximidade ó Calvario que ó Arrabal, de acontecer este suposto hai que pensar na posibilidade futura dunha integración destes núcleos no Concello da Foz do Miño. Dende logo estamos falando a un par de décadas por diante; coma miñotos somos plenamente conscientes que eses núcleos de poboación da parte alta do val do Tamuxe (ou Carballas) tamén forman parte da nosa realidade social, e polo tanto poden e deben formar parte da estructura administrativa que artelle toda a nosa bisbarra. Lamentablemente o futuro municipal de Oia a longo prazo é bastante incerto.

UN PROCESO DE ÓSMOSE POBOACIONAL

A pesares das reticencias ou medos que amosan os nosos políticos municipáis (independentemente ó partido que representan) a entrar no debate público deste tema, a tratalo nun pleno municipal,.... Hoxe a nivel educativo as nosas xeración de xoves miñotos/as formanse en conxunto e dende fai algo máis de 15 anos no instituto da Sangriña e outros centros docentes, estes centros son uns motores moi importantes para o futuro, aquí é onde estase a producir na convivencia diaria a ruptura de vellos esquemas mentáis que hoxe algúns xa consideramos desfasados: o cascarilleirismo pequeno burgués da vila guardesa e un suposto aldeanismo rosaleiro. Aquí é onde se forman libres de prexuízos as novas xeracións, polo tanto é onde se forma o próximo futuro a diferentes nivéis: administrativos, sociais, laborais, culturais... das nos terras miñotas; dende logo todo o proceso educativo de nivel superior é un forte proceso catalizante cara á reunificación Ademáis do anterior tamén existen outros factores que van a actuar coma catalizadores deste movimento, cada ano irá gañando máis e máis inercia na dirección de reunificación.


Dentro dos procesos de urbanización e de mobilidade dos veciños que atopamos nesta bisbarra, vemos un continuo e regular trasego nestes últimos anos de veciños dende a vila da Guarda cara a outros núcleos urbáns próximos, motivado polo alto prezo da vivenda; o principal destino deste movimento foi o núcleo do Calvario; este movimento está formado esencialmente por unha poboación menor de 40 anos. Polo tanto gran parte do crecimento poboacional do concello do Rosal débese a este trasego de poboación e moi posiblemente este proceso vai a seguir nos vindeiros anos; hai un desprazamento no senso contrario pero comparativamente é bastante menor, pero os dous forman parte da mesma realidade e son complementarios.



Este proceso de “ósmose” poboacional e de educación conxunta xera unha maior cohesión social dentro das xentes miñotas (rosaleiras e guardesas). Así en pouco máis de 15 anos vai acontecer moi probablemente que 1/5 dos veciños residentes do Rosal sexan oriundos da Guarda; polo tanto o proceso de cohesión social vai ser moito máis intenso do que xa é agora, así o mantenimento da actual división municipal vai ser a medio prazo insostible ó estar nun entorno social que é alleo a esta realidade. ¿Cánto tempo poderá manterse unha estructura administrativa municipal allea á realidade social? Pois realmente moi pouco.


Polo tanto estamos a criar inconscientemente e sen ninguén plantexalo un novo marco social, cada ano que pasa está máis artellado, conxuntado, homoxéneo,... a realidade social vai camiñando dende fai varios anos cara á reunificación. Se a realidade social vai nesa dirección, ¿por qué non comenzar a move-las estructuras municipais nesa dirección? Tódalas sociedades son unha trama activa e as súas administracións deben ser un reflexo destas. Pero de momento nós non atopamos indicios de movimentos, dunha toma de postura, xa sexa a favor ou en contra. Xa nos plantexamos o pior dos supostos, a ináctividade destas administracións, polo tanto cada ano que pase vai a ir en aumento a distancia mental e social entre os cidadáns e os nosos concelleiros e alcaldes, polo cal o risco dunha quebra institucional é grande.



A cuestión é dunha aritmética moi simple fundada no que popularmente chamase: “lei de vida” (nacer para finar). As xentes que maioritariamente apoian a actual división en dous concellos teñen unha idade media superior ós 50 anos, mentras que o proceso de reunificación atopa calado entre as xentes menores de 40 anos; cada ano que pasa, polos procesos de defuncións os dous irán perdendo elementos, pero o primeiro en maior medida que o segundo, ademáis o segundo grupo irá incorporando un maior número de elementos ó seu conxunto,... deixando correr uns poucos anos ese grupo de poboación que apoia a reunificación vai pasar a ser maioría. ¿Cánto pode tardar en darse este troco? Pois pouco máis de 15 anos. Despois de todo en algún intre estas xeración de 30 a 40 anos terán que toma-lo timón dos dous gobernos municipáis, se a súa proposta de futuro é a reunificación, soamente é esperar uns anos, ser maioría na poboación e toma-lo relevo no goberno e ir procedendo a tomar decisións que teñan este rumbo.


Ó longo das estradas entre A Guarda-Fornelos e Calvario-A Gándara vaise artellando dous eixos de crecimento urbán que cada vez concentra a máis poboación, e rematará formando unha entidade liñal, especialmente o primeiro, que tomará un forte pulo coa futura urbanización da área do Castelo da Sta Cruz; formando así unha nova trama social, deixando atrás un formato plenamente rural a outro a medio camiño entre o anterior e o urbán (unha corea: un barrio periférico de un núcleo urbán)¸en poucos anos o entorno do Castro, Buxán, Setecamiños serán xa parte do núcleo urbán da vila guardesa. Outro factor catalizante é o futurible parque industrial construido es terreos limítrofes entre os dous concellos actuáis, polo tanto esta actuación por si sóa xa supera a realidade do minifundismo municipal, pero vai plantexa-lo seu funcionamente unha serie de cuestións ás nosas administracións municipaís: ¿quén suministra o serivizo de auga, alcantarillado, recollida do lixo, seguridade pública (policía e bombeiros)? ¿a qué concello hai que tributarlle os impostos, taxas,..? Neste caso é evidente unha cooperación e entendimento supramunicipal; pero sería moito mellor supera-la miopía do minifundismo municipal donde estamos sempre e dar un paso adiante e comenzar xa a apostar pola reunificación municipal.



A nosa realidade miñota está dentro das terras do Baixo Miño galego e do veciño Alto Minho portugués, estamos dentro do eixo que forman as cidades de Porto e Vigo, con tódalas súas relacións de intereses económicos, industriáis, urbáns,... que día a día van crecendo e artellando unha realidade moito máis complexa; toda está área está habitada por algo máis de 1.800.000 habitantes. Lamentablemente aínda hai xentes que viven e pensan tendo por base unha mentalidade do século XIX, pero xa estamos no XXI, faise necesario ollar todo con prespectivas máis amplas, non ter miopía ó tratar un asunto pechandollo nunha leiriña. Se aproveitamos certas oportunidades podemos acadar unha boa posición para o noso proveito económico, industrial, laboral,... Tanto as cidades de Vigo coma de Porto irán mellorando nos vindeiros anos dun xeito cualitativo e cuantitativo as súas estructuras en estradas, aeroportos, portos, redes de tren, metro urbán,... no mesmo proceso as cidades satélites das dúas anteriores (Maia, Famalicao, Santo Tirso, Porriño, Ponteareas,...) terán un forte proceso expansivo na poboación, na súa actividade e equipamentos. Debemos de cós demáis veciños miñotos (galegos e portugueses) cal é o lugar que buscamos dentro deste entorno tan competitivo, para así ter un futuro; do contrario se nos deixamos ir, non tomamos decisións cara a un futuro, quedamonos a ve-las vir, imos ficar esquecidos, abandonados e atrasados dentro desta realidade que se move máis axiña e entón seremos coma o camarón aquel do conto, que fica durmido e cando desperta está na poxa da lonxa.


EXPRESAR UN SENTIMENTO E ABRI-LO DEBATE

Entendemos e somos conscientes que este tema toca moitas sensibilidades en determinadas persoas e cargos, que toca a outros moitos aspectos de diferentes indoles que aquí non foron tratados ou expostos. O fin deste artigo é expresar públicamente un sentimento que está a tomar forma dentro da sociedade, queremos abrir un debate e reflexión dentro de tódalas xentes e sectores que aínda non se plantexaron este tema, especialmente a clase política local; neste tema non caben obediencias ós mandos e xerifaltes de Compostela ou Madrid, son cousas nosas nas que esas xentes alleas deben ficar fóra. Queremos que o debate vaia madurando dentro da sociedade e procedamos a da-los primeiros pasos consensuados, coidadosos e ben pensados na rectificación do erro de 1.847; sabemos que todo este proceso pode e debe durar uns poucos anos, pero non debe ir máis aló de 4 a 8 anos, sería moi problemático ir postergando “sine die” a acción neste tema, pois prodería acontecer unha ruptura social entre o conxunto dos veciños e os concelleiros e alcaldes, que manteñen unha posición estática por defender posicións partidistas.


Dende logo seríamos protagonistas dunha experiencia novidosa no país, xa que as últimas integracións municipáis acontecidas na Galiza forón unhas auténticas absorcións impostas dende arriba, nos primeiros anos da década dos 40 do século pasado, integrando Serantes en Ferrol, e Lavadores en Vigo. Namentras que o noso caso é un proceso que comenza dentro de nós e somos nós mesmos quen marcamos o ritmo a seguir durante todo o proceso que remate na reunificación en pé de igualdade nas dúas partes que antes formaron un todo.

AGRADECEMOS OS TEUS COMENTARIOS

Enlaces: GALICIA-SUROESTE
Creado por aguarda | 0 comentarios | 14/01/05 20:09

Ir a secciones de documentos

Ir a FOZ DO MIÑO

Comentarios

Servicios Recomendados

Juegos gratis online

¡Atención, jugadores! Los juegos online de Geomundos se actualizan constantemente, y también te los puedes descargar a tu PC para jugar offline.

Gana regalos directos

¿Conoces los puntos Geomundos? Gana puntos por jugar, hacer encuestas, registrarte, comprar online... ¡Y canjéalos por cualquiera de los más de 100 regalos disponibles!

¿Conoces el chat con perfiles?

Ahora puedes ver la cara de con quién hablas, agregarlos a tu agenda y enviarles mensajes incluso cuando no están conectados.

Titulares de prensa

¿Qué pasa en el mundo ahora mismo? Consulta los titulares de los principales medios de comunicación de un vistazo.

Buscador de ofertas

¿Tienes que hacer un regalo? ¿Buscas el mejor precio? Nuestro comparador de ofertas te dirá dónde puedes comprar lo que buscas al precio que quieres.

¡Consíguelo gratis!

Descargas de música Mp3 legal en Mu4usMu4us es la primera tienda on line española de música independiente. Cuenta con...

Gana regalos por jugar, hacer encuestas, registrarte en portales y con tus compras online...

Acceso al Club

Recomendados