Documentos en Jazzclube

Música

Geomundos

Jazzclube

Festival NOVAS MÚSICAS de Monforte de Lemos en Jazzclube

Festival NOVAS MÚSICAS de Monforte de Lemos

Del 21 al 26 de agosto de 2006: Mr. Dixie Jazz Band, Dúo Baldo Martinez y Carlo Actis, Maneta de Kamioneta, Fanjazz con Pepe Bao, Perico Sambeat Trío y Orquestra de Jazz de Matosinhos. El jazz y la música moderna en Europa tiene características propias. Poner de relieve sus hallazgos y mostrarlos al público es la tarea de este Festival de jazz y música moderna.

Mr. Dixie Jazz Band
Luns 21 de agosto
Praza de España ás 21:00 h
Entrada de balde

Guillermo Lancelotti : Trompetista, arranxista e director.
Victor Sánchez Milla: Clarinete e saxos.
Diego Rguez. : Trombón.
Juan Cabezón: Banjo e guitarra.
Oscar Prieto : Tuba.
Fernando Lamas: Batería

Banda de jazz tradicional , de onde partiron o resto dos estilos posteriores, cool jazz, harp bop, free etc.
Ista banda nace no ano 1999 baixo a batuta do trompetista Guillermo Lancelotti.
Sexteto cun swing contaxioso, un son brillante, excitante e festivo, os cales mostraran como é o estilo Chicago anos 30 e 40, o cal afunde as súas raices no Mississipi. O jazz de estilo New Orleáns é o descendente directo das bandas de música ambulantes “marchingband “ e onde a improvisación colectiva é un elemento característico.

Carlo Actis & Baldo Martínez
Martes 22 de agosto
Auditorio ás 21:00 h.
Entrada 5 €

Presentan o seu último traballo “ Folclore imaginario “ onde reunense dous músicos pertencentes a primeira liña de improvisadores europeos, nun formato tan atípico como é un dúo de contrabaixo e saxos improvisando libremente. O resultado unha proposta onde dase un paso adiante dentro do jazz europeo ao fusionalo con músicas tradicionais tan afastadas e tan próximas á vez, como a galega e a italiana.

“... Pensar o folclore non como unha música exclusiva dunha zona xeográfica concreta senón como unha forma de expresarte co outro, xa que é a túa voz a que conecta con voces semellantes ...” ( Baldo Martínez )





Maneta de kamioneta
Mércores 23 de agosto
Praza de España ás 21:00 h.
Entrada de balde

A formación integrada polo baterísta Joaquín Migallón, o guitarrista Lolo Álvarez e o baixista Pepe Bao ofrecen alá onde van un impactante directo. No escenario misturanse estilos como o funky, o flamenco, o rock, os sons brasileiros e o jazz sen ningunha limitación e cunha grande dose de improvisación.

Fanjazz e Pepe Bao
Xoves 24 de agosto
Praza de España ás 21:00 h.
Entrada de balde

Carlos Calviño : Guitarras
Alberto Conde : Teclados
Carlos Castro : Batería e percusión
Roberto Somoza : Saxos e frauta
e Pepe Bao : baixo

Atopamos, reunidos nun quinteto de luxo, cinco músicos galegos de moi diversa procedencia os cales aportan as súas experencias do folc, jazz, pop, funky...
Unha proposta que recolle as mellores aportacións da cultura galega do século xx. Blues, rock, pop, regaae, música latina, bossa e jazz son usados nas estructuras harmónicas e rítmicas que utilizan, misturadas para ser o fundamento das súas improvisacións.


PERICO SAMBEAT TRÍO
(P. Sambeat, Marc Miralta, Javier Colina )
Venres 25 de agosto
Auditorio ás 21:00 h.
Entrada 5 €

Desde hai xa uns anos existe unha estreita colaboración entre o contrabaixista Javier Colina e o saxo Perico Sambeat, acompañados tamén de Marc Miralta á batería. Tratase dun grupo de grandes intérpretes do jazz, flamenco, son ... facendo excelente música en directo, sen complexos. Músicos que apostan pola mixtura entre outros rítmos, concepcións harmonicas e melódicas co jazz dun xeito serio e rigoroso.




Orquestra de Jazz de Matosinhos – Direcçao de Carlos Azevedo e Pedro Guedes
Sábado 26 de agosto
Auditorio ás 21:00 h.
Entrada 5 €

Formación:
Michael Joussein, Paulo Perfeito, Alvaro Pinto, Daniel Dias Trombóns Gonçalo Dias Trombón Baixo Erick Poirier, Rogelio Ribeiro, Susana Silva, Jose Silva Trompetas José Luis Rego Saxo Alto João Guimaraes Saxo Alto Mario Santos Saxo Tenor José Pedro Coelho Saxo Tenor Rui Teixeira Saxo Barítono Pedro Guedes, Carlos Azevedo Piano Demian Cabaud Contrabaixo João Cunha Batería

Carlos Azevedo e Pedro Guedes Direción

Ao longo dos seus cinco anos de existencia a Orquestra de Jazz de Matosinhos tem-se afirmado como unha das máis consistentes e regulares formacións do jazz nacional, sendo o seu repertorio enteiramente constituido por música orixinal de Carlos Azevedo e Pedro Guedes . Despois dunha primeira fase de presentacións regulares no Héritage Café, a orquestra viu ampliado o seu espazo de actuacións sendo hoxe un dos grupos de jazz máis solicitados en Portugal con presenza asidua nos principias festivais de Jazz e nas principias salas de espectáculos.
Ademáis da presentación da sua obra orixinal, onde foron convidados músicos como Mark Turner , Chris Cheek e Rich Perry a orquestra amplia o seu abano de encomendas de obras a compositores nacionais , presentada no Porto 2001 / Capital da cultura xuntamente co Remix Ensemble, bem como a compositores extranxeiros como Carla Blay en 2003 e ao saxofonista Lee Konitz en 2006.

Enlaces: Más información Festival de Jazz NOVAS MÚSICAS
Creado por jazzclube | 0 comentarios | 12/07/06 12:38

Ir a secciones de documentos

Ir a Festivales de Jazz

Comentarios

Servicios Recomendados

¿Conoces el chat con perfiles?

Ahora puedes ver la cara de con quién hablas, agregarlos a tu agenda y enviarles mensajes incluso cuando no están conectados.

Juegos gratis online

¿Te aburres? Los juegos online de Geomundos se actualizan constantemente, y también te los puedes descargar a tu PC para jugar offline.

Gana regalos directos

¿Conoces los puntos Geomundos? Gana puntos por jugar, hacer encuestas, registrarte, comprar online... ¡Y canjéalos por cualquiera de los más de 100 regalos disponibles!

Crea tu propia comunidad

¿Tienes algo que contar? Publica tus textos, fotos, enlaces… Es fácil y divertido. ¡Disfruta viendo subir tu contador de visitas!

Titulares de prensa

¿Qué pasa en el mundo ahora mismo? Consulta los titulares de los principales medios de comunicación de un vistazo.

¡Consíguelo gratis!

Juegos gratis en tu móvilDescárgate ahora, totalmente gratis, los mejores juegos para tu teléfono...

Gana regalos por jugar, hacer encuestas, registrarte en portales y con tus compras online...

Acceso al Club

Recomendados